O rosario (do latín medieval rosarium, e este do latín rosarium ‘rosalería’) significa “Coroa de rosas”. Trátase dunha oración tradicional católica que conmemora vinte misterios (quince na forma tradicional) da vida de Xesucristo e da Virxe María, recitando despois de anunciar cada un deles un “pai noso”, dez “avemarías” e unha “gloria ao Pai”. É frecuentemente designado como Santo Rosario polos católicos. “A Igrexa sempre recoñeceu unha especial eficacia do Rosario, encomendándolle, mediante o seu recitado comunitario e a súa práctica constante, as causas máis difíciles”; San Xoán Paulo II dixo: “A través do rosario os fieis reciben abundantes grazas, das mesmas mans da Nai do Redentor”.
29
Sep