- Este evento pasou.
Navegación de eventos

Neste Ano Xubilar, celebrarase nas dioceses de todo o mundo a XII edición de "24 horas para o Señor", unha iniciativa cuaresmal de oración e reconciliación instituída pola vontade do Papa Francisco. Como en edicións anteriores, o evento terá lugar na véspera do cuarto domingo de Coresma, dende o venres 28 de marzo ata o sábado 29 de marzo.
Para esta edición, dentro do Xubileu de 2025, dedicado especialmente á Esperanza, o lema escollido polo Santo Pai está tomado das palabras do salmista: "Ti es a miña esperanza" (Sal 71,5).