En Cáritas non medimos a proximidade en metros, senón en xestos. E moitas veces abonda cun sorriso, unha mirada ou unha palabra para estar ao carón dos que máis o necesitan.
En Cáritas non medimos a proximidade en metros, senón en xestos. E moitas veces abonda cun sorriso, unha mirada ou unha palabra para estar ao carón dos que máis o necesitan.
E aínda que nos piden que gardemos as distancias, pedímosche o contrario. Que esteas máis preto dos que viven coa desesperanza e a inxustiza; preto de familias sen recursos, de persoas maiores que se enfrontan á soidade, de quen non teñen traballo ou de quen viven na rúa e non poden refuxiarse na calor dun fogar.